Grupo - Características e condiccións:
-
4º ESO
opción A (carácter terminal da materia)
-
Nº de
alumnos/as: 12
-
Nivel na
materia en xeral baixo:
dous
alumnos teñen a materia de matemáticas pendente do curso anterior,
varios superaron
a
materia na convocatoria de setembro
e un alumno é repetidor.
-
Nº clases
semanais: 3 (luns, mércores e xoves)
-
Un alumno
por mesa de ordenador, con espazo dabondo para o caderno, monitor,
teclado, ratón e libro de texto.
-
Todas as
clases na aula de informática (neste centro dispoñer da aula de
ordenadores para todas as clases non é, por agora, moi doado de
conseguir)
|
Obxectivos da experimentación:
(síntese da práctica 1)
Seguramente a experimentación con Descartes na aula
pódese aplicar con éxito a todo tipo de alumnos e todos os niveis de ESO
e Bacharelato, pero ao meu parecer terá unha especial repercusión
nos alumnos aos que as matemáticas non lle agradan ou ata agora
parécenlles aburridas.
-
Co uso dos ordenadores e o nippe Descartes atopámonos
ante a posibilidade de motivar aos alumnos dun xeito distinto,
non convencional no estudo das matemáticas.
-
Espero unha actitude máis positiva fronte ás
Matemáticas como consecuencia do cambio da habitual
metodoloxía expositiva.
-
Permitirá
unha
atención personalizada dos alumnos/as, e
poden realizar unha aprendizaxe interactiva que
ademais lles permite a repetición das cuestións que non comprendan.
-
Os
alumnos descobren as posibilidades do ordenador no estudo da
materia.
|
Contidos matemáticos estudados:
(Os correspondentes ao programado polo
departamento para a 1ª avaliación)
Na páxina cabeceira atópanse
co seguinte temario: (na 1ª avaliación -10 decembro- non temos rematado
o 3º tema "proporcionalidade-porcentaxes", e só foron examinados dos
dous primeiros temas)
Acceso ao traballo na rede |
Recursos:
- Unidades didácticas e aplicacións
usadas: (traducidas ao galego
e algunha modificada no sentido de partir ou recortar algunha páxina).
- As follas de traballo
son seguimentos (mediante hipervínculos) con
exercicios propostos que van atopar nas unidades e que deben
resolver no caderno. Tamén os levan a autoavaliacións que deben
superar e das que o profesor vai tomando nota.
|
Tema 1:
Divisores
(Juan
Madrigal Muga) |
Números primos
(Luis Javier Rodríguez González) |
Operacións con
números enteiros
(Rosa Mª Arcos de Torres) |
Potencias
(Fernando Arias Fernández-Pérez) |
Avaliación inicial |
Folla de traballo |
Lista de exercicios |
|
TEMA 2:
Tipo de números,
nº real, aproximaciones,
representación, etc (Miguel Angel Cabezón Ochoa) |
Potencias
(Miguel Angel Cabezón Ochoa) |
Representación na
recta (Fernando Arias Fernández-Pérez) |
Radicais
(Miguel Angel Cabezón Ochoa) |
Folla de traballo |
Listaxe de exercicios |
|
TEMA 3:
Porcentaxes
(Mª del Pilar Revelles Contraeras) |
O
IVE
(Fátima Cobo López) |
Folla de traballo |
Listaxe de exercicios |
|
TEMA 4:
Ecuacións
de 1º grao sinxelas. (Ramón Castillo Rodríguez) |
Ecuacións de 2º grao
(Miguel Ángel Cabezón Ochoa) |
Sistemas
(M. Yolanda Azañón
Redondo) |
Test de avaliación (Miguel Ángel Cabezón
Ochoa) |
Folla de traballo |
Listaxe de exercicios |
|
Desenrolo e incidencias da experiencia:
-
O proxecto foi presentado no claustro,
consello escolar e aos pais dos alumnos do grupo.
-
Excepto o primeiro día adicado á
presentación, as clases desenroláronse na aula de
ordenadores (3 horas semanais).
-
Os alumnos coñecían por uso exporádico
no curso anterior o nippe descartes.
-
No escritorio atopaban un icono que os
levaba á páxina cabeceira. e traballan con Descartes no disco
duro.
-
Accedían ás páxinas de traballo
mediante os hipervínculos da folla de traballo. Imprimían as
follas de traballo e as listaxes de exercicios ao principiar o tema.
-
Todos os exercicios tiñan que
escribilos no caderno.
-
Como deberes para casa debían
pasalos a limpo e entregalos ao profesor cando terminaban un
capítulo. Tamén as listaxes de exercicios serbían como deberes.
-
Cando superaban unha autoavaliación
avisaban ao profesor, que tomaba nota.
-
Ao finalizar cada tema facían unha
proba de tipo tradicional en papel.
-
Case a diario usamos a pizarra
para aclarar algunha cuestión, pero en curtos intres. Tamén
utilizaban a calculadora con asiduidade e só en dúas ocasións
utilizamos o canón-proxector para realizar un exercicio en
equipo.
-
Algúns
alumnos teñen máis facilidade que outros e van máis adiantados no
tema, pero non chegou a ser unha diferenza insalvable. Nalgunha
ocasión pedinlle a unha alumna que axudase á compañeira.
-
Creo
que o nivel inicial baixo e, sobre todo,
a folla de traballo do 2º tema
é
demasiado longa
foi a causa de non ter rematado todos os temas previstos.
-
Tivemos
a visita, nunha sesión ordinaria de clase, dunha profesora
adscrita á formación do profesorado da consellería de educación
que
deulle
un carácter máis oficial á experiencia tanto para os alumnos como
para o centro.
|
Datos avaliación - enquisas:
Enquisa inicial:(respostas moi parellas; puntuaban de 1=nada a 5=moito)
-
Datos académicos: 2 alumnos
teñen matemáticas de 3º pendente, e 5 aprobaron en setembro. Un
alumno é repetidor.
-
Motivación: Ningún alumno
declara a materia de matemáticas como preferida nin entretida, pero
para 4 é a que menos gusta.
-
Valoración e importancia: A
valoración media da materia de matemáticas é de 3 (normal); e da do
ordenador 4(bastante). Como materias que consideran máis importantes
a maioría escollen: matemáticas e lingua.
-
Experiencia co ordenador: Uso
ordenador 4(bastante); Internet: entre 3 (normal) e 4(bastante);
Motivo do uso: ocio e messenger.
Enquisa final:(tamén respostas moi parellas; puntuaban de 1=non,
nada a 5=sempre, moito)
-
Instalacións: Espazo na aula
4(bastante); Funcionamento de aparellos 4(bastante). Como suxerencia
pedían a mellora no sistema de calefacción.
-
Sofware: Fácil de usar
4(bastante); Entedemento das actividades 4(bastante); Entendemento
das esceas entre 3(normal) e 4(bastante). Como observación
comentaron a preferencia do navegador mozilla fronte ao explorer.
-
Metodoloxía: 2 declaran non ter
rematado todas as actividades propostas (sen embargo, todos
entregaron os traballos do caderno requeridos). O mellor da
aprendizaxe co ordenador: Autosuficiencia e poder marcarse o propio
ritmo; só un alumno prefire o método tradicional e bota de menos as
explicacións do profesor.
-
Aprendizaxe: Gustouche usar o
ordenador para estudar a materia? 5(moito); Consultaches ao
profesor? entre 3(normal) e 4(moitas veces); a todos gustaríalles
usar o ordenador noutras materias.
Avaliacións:
-
Nunha proba de avaliación inicial
de 5 cuestións básicas só dous alumnos respostaron correctamente ás
cinco, a maioría a tres delas.
-
Todos os alumnos entregaron copia
escrita e pasada a limpo dos exercicios propostos nas follas
de traballos (dous primeiros temas) e das listaxes. Coincidía en
case todos os alumnos que se tiñan erros era nos mesmos exercicios.
-
Tamén todos superan as
autoavaliacións (uns máis axiña que outros)
-
Proba escrita do 1º tema: Todos
aproban o exame, con cualificacións entre 5 e 8,25
-
Proba escrita do 2º tema:
Suspende un alumno con cualificación 3,5 ; as outras cualificacións
van do 5 ata o 9 (a maioria ronda o 6).
|
Valoración do profesor:
As circunstancia que rodean esta primeira
experiencia con Descartes na Aula son especiais no sentido de ter poucos
alumnos na aula e dipoñer da aula de ordenadores en todas as horas
lectivas con eles. Non sei se por elo ou en calquera caso as
espectativas iniciais descritas nos obxectivos foron cumpridas
con creces.
Non tivemos ningún problema en canto á
utilización e manexo do ordenador (só estropeouse un monitor que foi
reemprazado).
É
destacable o feito de que o uso do ordenador non elimina o traballo
do caderno, senón todo o contrario, úsano quizais máis e sen as
amarguras amosadas por algún en cursos anteriores.
Ten moita
aceptación as escenas de autoavaliación (en todas pedíalles
conseguir mínimo 8 ben de 10 exercicios xerados), pois tómanas coma un
reto e incluso como xogo.
É notorio
que a disposición dos alumnos á materia mellorou respecto de
cursos anteriores, baste sinalar un comentario feito con agrado,
aínda que
sen dúbida esaxerado, dun alumno ao dicir que
no que vai
de curso fixo máis exercicios que no resto da súa vida.
Paréceme que
o éxito da experiencia está na confección das follas de traballo,
pois o temario está en xeral ben desenrolado entre unidades didácticas e
aplicacións. Deben polo tanto, guiar de xeito eficaz ao alumno para que
este consiga autosuficiencia no seu traballo, así o profesor pode adicar
o tempo das clases a atención personalizada.
Esta
experiencia pretende ter continuidade no resto do curso académico, xa
que é do agrado dos alumnos, pais e profesor. |