FOLLAS DE TRABALLO

RADICAIS

E.D.A. 2008

Ángel Leira

 

1.       Escribe a definición de radical.

2.       Na escena da pregunta 1, pincha o botón exemplo 5 veces e escribe no teu caderno o que obteñas na escena.

3.       Escribe a relación existente entre os radicais e as potencias de expoñente fraccionario.

4.       Na escena da pregunta "Potencias de expoñente fraccionario", pincha no botón exemplo, cinco veces e escribe o que aparece na escena no teu caderno.

5.       Na escena da pregunta 8, pulsa cinco veces o botón exercicio. Copia os que aparezan no teu caderno, resólveos, e comproba o resultado na escena.

6.       ¿Como se multiplican radicais do mesmo índice?. Escríbeo no teu caderno.

7.       Entra na escena da pregunta "Producto de radicais do mesmo índice", pincha no botón exemplo 4 veces e escribe todo o que obteñas no teu caderno.

8.       Escribe no caderno como se dividen radicais do mesmo índice.

9.       Entra na escena da pregunta "División de radicais do mesmo índice", pincha o botón exemplo 4 veces e escribe o que obteñas no teu caderno.

10.   Escribe no caderno a que é igual a potencia dun radical.

11.   Pincha o botón exemplo da pregunta "potencia de radical", e obtén tres igualdades. Escríbeas no caderno.

12.   Escribe como se calcula o radical dun radical.

13.   Pincha tres veces na escena da pregunta "radical dun radical", e escribe no teu caderno as tres igualdades obtidas.

14.   Na escena da pregunta 4, pincha no botón exercicio dez veces, para ver os enunciados, cópiaos no teu caderno e resólveos. Introduce a solución na escena para ver se é correcta.

15.   ¿Que se pode facer para extraer factores dun radical?

16.   Pincha a escena da pregunta 5, seis veces, para xerar outros tantos exemplos. Escríbeos no teu caderno.

17.   ¿ Que se fai para introducir factores nun radical?

18.   Pincha a escena da pregunta 6, seis veces, para xerar outros tantos exemplos. Escríbeos no teu caderno.

19.   Na escena da pregunta 7, pincha o botón de exercicios seis veces para xerar os mesmos enunciados. Cópiaos no teu caderno e resólveos. Comproba as solucións na escena.

20.   ¿Cando se poden sumar e restar radicais?.

21.   Pincha o botón da escena da pregunta 8, seis veces, e copia no teu caderno o que apareza na escena.

22.   Na escena da pregunta 9, pincha o botón exercicio seis veces para xerar outros tantos enunciados. Cópiaos no teu caderno, resólveos e comproba a solución na escena.

23.   ¿Cando se di que dous ou máis radicais son equivalentes?

24.   Pincha o botón exemplo da escena da pregunta 10, cinco veces, e xera outros tantos exercicios. Cópiaos no teu caderno.

25.   ¿Como podemos obter radicais equivalentes a un dado?

26.   Pincha 5 veces os botóns de amplificación e simplificación da escena da pregunta 11 e escribe no teu caderno o que aparece na escena.

27.   Pulsa seis veces o botón exercicio da escena da pregunta 12, para xerar outros tantos enunciados, cópiaos no teu caderno e resólveos. Comproba o resultado na escena.

28.   ¿Como se reducen radicais a índice común?

29.   Pincha o botón exemplo da escena da pregunta 13, catro veces, e escribe no teu caderno o que aparece.

30.   ¿Que se debe facer para multiplicar radicais de distinto índice?

31.   Pincha o botón exemplo da escena da pregunta 14, catro veces, e escribe no teu caderno o que aparece.

32.   ¿Que se debe facer para dividir potencias de distinto índice?

33.   Pincha os botóns de exercicios de letras e exercicios de números da escena da pregunta 15, e xera tres exercicios en cada un dos botóns. Escríbeos no teu caderno.

34.   Pincha seis veces o botón exercicio da escena 16, para xerar seis enunciados. Cópiaos no teu caderno e resólveos.