EXPERIMENTACIÓN DIDÁCTICA NA AULAA
PRÁCTICA5_AVALIACIÓN
GALICIA-EDA2008

CENTRO: IES LOIS PEÑA NOVO DE VILALBA_LUGO

GRUPO

AULA METODOLOXÍA AVALIACIÓN

OBXECTIVOS

UNIDADES DIDÁCTICAS ENQUISA INICIAL VALORACIÓN PERSOAL

CONTIDOS

DIARIO DE CLASE ENQUISA FINAL OBSERVACIÓNS

PROFESORA: ANA ISABEL GÓMEZ LÓPEZ


 

 

  • Na unidade de Trigonometría
  • Na unidade de Vectores no plano

Medida de ángulos. Radián.

Razóns trigonométricas de calquera ángulo.

Relacións entre as razóns trigonométricas.

Aplicacións da trigonometría.

Resolución de triángulos oblicuángulos.

Vectores e números.

Operacións con vectores.

Combinación lineal de vectores.

Coordenadas dun vector.

Produto escalar.

Aplicacións de vectores.

 

 

http://descartes.cnice.mec.es/eda2008/materiais_eda2008/alumnos/glai_p3/index_alumnos.html

 

 

Deseguido recollo as anotacións máis relevantes:

 

Traballamos os catro períodos lectivos na aula de ordenadores, asignáronnola para todo o curso.

Comezei a experimentación como estaba previsto, falando do proxecto Descartes, visitando unha unidade didáctica na web, comentando que formabamos parte dunha experiencia a nivel rexional e por último cubrindo a enquisa inicial. Mostráronse dispostos a participar de bo grao, mais sen entusiasmo especial, recordo que son alumnos/as de 1º de bacharelato de ciencias e tecnoloxía que acaban de chegar ao centro.

No segundo día realizan a avaliación inicial de trigonometría, dos oito alumnos/as só tres teñen un nivel mínimo óptimo, os demais din non recordar nada ou non ter visto os contidos que se avalian. A medida que van rematando coa avaliación acceden á unidade didáctica coa que imos comezar ao día seguinte. En vista dos resultados en trigonometría, na unidade de vectores no plano non planifico avaliación inicial.

Os primeiros días tivemos algún problema técnico cos usuarios dos alumnos e algunha que outra caída da tensión eléctrica, un día que non tivemos acceso á rede traballamos de forma tradicional resolvendo problemas sobre resolución de triángulos que era o que estaban estudando nese momento.

Entregei as prácticas dunha en unha, tiñan que acabar unha e entregarma para poder pasar á seguinte, eu corrixíaa, algúns exercicios só sinalando os erros para que a volvesen facer e noutros pondo a solución correcta, recollín os resultados (completa, incompleta, ben, mal e regular) nunha grella de seguimento; dado que traballaron dende o primeiro momento coa unidade Descartes fun bastante permisiva cos ritmos de entrega das follas de traballo nun intento de atender a diversidade dos ritmos de aprendizaxe.

Ao seren alumnos de bacharelato podo apelar a súa responsabilidade de estudantes de posobrigatoria, que coido me deu resultado sobre todo cos máis traballadores, aos que planteaban máis dificultades oferteilles a posibilidade de traballar cada dous nun posto para completárense, mais rexeitaron a oferta, aínda que si comentaban dúbidas entre eles antes de preguntarme a min como se facían os exercicios que non sabían resolver.

 

 

  A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8

Datos académicos

               
Nota media do curso pasado 7 5 7 5 7 7 ? 6
Nota en matemáticas o curso pasado 6 5 6 5 8 10 8 7

Motivación

               
Gústache vir ao instituto? normal moito normal normal normal normal normal normal
Gústache aprender? bastante bastante normal bastante normal bastante bastante moito
Gústanche as matemáticas? normal bastante normal bastante bastante moito bastante normal
Gústache traballar en grupo? normal moito bastante bastante bastante moito bastante bastante
Gustaríache traballar co ordenador na clase? bastante moito bastante bastante moito normal moito moito
Que materia che gusta máis? galego debuxo técnico física e química bioloxía inglés matemáticas xeoloxía tic
Que materia che gusta menos? inglés língua castelá língua galega língua castelá língua castelá língua castelá física língua castelá
Que clase che resulta máis entretida? galego tic tecnoloxía bioloxía informática bioloxía língua galega bioloxía
Por que? por seren cousas cotiás por traballar no ordenador pola novidade é entretida por traballar no ordenador dámos a nosa opinión pasa rápido é amena

Actividades

               
Cantas horas, á semana, estudas na casa? 8 10 14 14 7 14 14 4

Cantas horas, á semana, ves a TV?

30

5

20

14

14

14

21

3

Cantas horas, á semana, xogas co ordenador? 0 0 0 7 4 7 0 30
Cantas horas, á semana, escoitas música? 15 15 2 7 10 4 14 15
Cantas horas, á semana, saes cos amigos ou amigas? 40 4 10 21 9 7 14 10
Cal é a túa actividade de ocio preferida? fútbolsala/amigos escoitar música parkour xogar ao baloncesto fútbol fútbol andar en bici xogar co ordenador

Actitude

               
Valora a importancia das matemáticas (de 1 a 5) 4 4 5 4 4 5 5 4
Valora a importancia do ordenador (de 1 a 5) 5 5 3 4 5 3 4 5
Que materia valoras máis? inglés debuxo física e química matemáticas língua galega física matemáticas física e química
Que materia valoras menos? filosofía língua castelá língua galega filosofía debuxo técnico filosofía física língua castelá

Experiencia co ordenador

               
Uso do ordenador frecuente moito ás veces ás veces moito bastante frecuente moito
Uso da Internet bastante bastante ás veces ás veces bastante ás veces ás veces moito
Cres que se pode aprender co ordenador? bastante moito bastante bastante moito bastante bastante moito
Cres que se poden aprender matemáticas co ordenador? bastante moito bastante bastante bastante bastante bastante moito
Para que usas o ordenador con máis frecuencia? chatear traballos/ música crear películas xogar falar cos amigos para xogar escoitar música xogar
Tes ordenador na casa? (si/non) si si si si si si si si
Tes Internet na casa? (si/non) non non non non si si non si

 

 

A1

A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8

Instalacións

               
O espazo da aula pareceuche adecuado? bastante bastante bastante normal bastante normal normal __
O número de alumnos que traballástedes xuntos no teu ordenador foi adecuado? bastante moito nada moito moito bastante bastante __
O teu ordenador funcinou adecuadamente? normal bastante pouco normal bastante bastante moito __
A visión da pantalla do monitor foi adecuada? bastante bastante normal normal moito bastante moito __
Atopácheste cómodo na clase? normal bastante __ normal bastante bastante moito __

Escribe aquí as observacións que teñas que facer ás instalacións onde se realizou a experiencia.

__ que nos deberían pór ordenadores novos

as instalacións son boas e están en bo estado

__ __ son de tecnoloxía boa __ __

Software

               
O navegador funcionou correctamente? normal bastante normal bastante moito normal normal __
Foi fácil usar o navegador? bastante bastante normal moito bastante bastante moito __
Foi fácil usar as escenas? bastante bastante normal normal normal bastante moito __
Liches as explicacións das páxinas? bastante bastante normal moito bastante normal bastante __
Entendiches os enunciados das actividades? normal normal pouco bastante bastante bastante pouco __
As escenas víanse ben? bastante bastante normal normal bastante bastante bastante __
Entendiches o que había que facer en cada escena? normal normal normal pouco normal normal normal __

Escribe aquí as observacións que teñas que facer sobre os programas que se utilizaron durante esta experiencia.

__ __

son moi bos para aprender a un nivel superior, pero agora non me parece correcto empregalos

__ __ son bos aínda que prefiro clase normal __ __

Metodoloxía

               
Traballaches so ou en equipo? so so en equipo so so so

moitas veces so e outras en equipo

__
Realizaches tódalas actividades propostas? non si si non

si, excepto a última práctica de vectores

non si __

Que che pareceu mellor na aprendizaxe co ordenador?

os gráficos

que traballas ti so e podes repasar fóra do horario escolar

nada traballar con el __ todo nada, era mellor que explicase a profesora __
Que botaches de menos durante as prácticas? Facer máis exercicios na clase nada alguén que me explicara as cousas nada certos días as clases tradicionais o profesor as explicacións da profesora __
Resolviches as dúbidas que che xurdiron? si

si, tamén me axudou a mestra

non si si si si __

Usaches o caderno de traballo para coller apuntamentos?

si si si si si si si __

Usaches o caderno de traballo para escribir as conclusións das actividades?

si si si non non non si __

Escribe aquí as observacións que teñas que facer relacionadas coa forma de traballo que utilizaches nesta experiencia.

__ __ foi moito traballo pero non foi rentable facelo desta maneira __ __ __ __ __

Actitude

               
Gustouche usar o ordenador? normal moito moito moito si bastante si __
Tiveches que consultar ao profesor? bastante moito moito moito si, moito si si __
Viches vantaxes na aprendizaxe co ordenador? normal normal non non

si, ver os debuxos representados ao mesmo tempo

si si __
Viches inconvenientes á aprendizace co ordenador? normal bastante moito moito

que me custaba máis ver as cousas, pero coa explicación da profesora xa se solucionaba

si si __
Aprendiches os conceptos que traballaches? normal normal non moito si si si __
É mellor que a clase tradicional? pouco normal non non non non non __
Traballaches mellor que na clase tradicional? pouco bastante non non non non non __
Gustaríache aprender as matemáticas con Descartes? pouco bastante non non non non non __

Escribe aquí as observacións que teñas que facer relacionadas coa aprendizaxe que fixeches nesta experiencia.

__ __ non me gustou nada o método de Descartes __ __ __ __ __

Aprendizaxe co ordenador

               

Gustaríache usar o ordenador na clase de matemáticas con outros programas?

ás veces

frecuentemente

nunca

frecuentemente

nunca

ás veces nunca __
Gustaríache usar o ordenador noutras clases? ás veces bastante nunca bastante ás veces bastante moito __

Gustaríache usar Descartes na túa casa para aprender matemáticas?

ás veces

bastante

nunca

ás veces

frecuentemente

nunca nunca __
Gustaríache usar Internet na túa casa para aprender as diferentes materias? ás veces bastante nunca ás veces frecuentemente frecuentemente fecuentemente __

Escribe aquí as observacións que teñas que facer relacionadas coa aprendizaxe que fixeches nesta experiencia.

__ __ creo que non foi construtiva a experiencia, non é o mellor método para aprender matemáticas __ __ __ __ __
Escribe aquí calquera outra observación que che pareza relevante. __ __

non me gustaria volver a empregar este método

__ __ __ __ __

 

Fixemos unha proba escrita co método tradicional de cada unha das unidades didácticas estudadas, os alumnos que non acadaron cualificación positiva en algunha delas realizaron a correspondente proba de recuperación, a nota do trimestre foi a media aritmética das notas de todos os exames, tiven en conta ademais as anotacións feitas da corrección das follas de traballo correspondentes as prácticas para redondear á parte enteira por exceso ou por defecto, os resultados foron os seguintes:

  notas de trigonometía notas de vectores no plano cualificación do trimestre

A1

6.25 5 6
A2 3.75/3 4.25/3 4
A3 2.5/5 7 6
A4 2.25/2.5 4.25/2.5 3
A5 7.5 8.75 8
A6 6 9.5 8
A7 2.5/5 6 6
A8 1/2 1.25/2 2

A piques de rematar o curso o meu grao de satisfacción segue sendo alto, por unha banda por todo o que eu aprendín de novas tecnoloxías e por outra banda por descubrir que se pode traballar matemáticas na aula doutras formas; introducir novidades na metodoloxía permite recordar a importancia da nosa labor, non só como trasmisores de contidos senón como guías na aprendizaxe.

Os obxectivos que planteei ao comezo do curso acadeinos a medias:

  1. A motivación cunha nova tecnoloxía non prendeu nunha das alumnas máis participativas nas clases tradicionais.
  2. A actitude fronte á asignatura xa era boa ao comezo de curso, mais considero que mellorou ao longo destes dous meses.
  3. A atención á diversidade coido que foi a estrela da experimentación, cada alumno traballou ao seu ritmo dende o primeiro día.
  4. O fomento da lectura non calou en todos por igual mais considero que, en xeral, leron un 90% máis do que o terían feito sen empregar Descartes.

Traballar dende o comezo da unidade con Descartes foi unha inmersión nas TICs un pouco forte para os meus alumnos, polo que para futuras actuacións propoño:

 

Dende o meu punto de vista é necesaria unha revisión polo miúdo das unidades didácticas para corrixir aspectos lingüísticos e matemáticos que, sen ser determinantes para un bo aproveitamento do material merman o carácter rigoroso que sempre debe estar presente no material dirixido á ensinanza_aprendizaxe do noso alumnado.