EDA

EXPERIMENTACIÓN CON DESCARTES NA AULA

 

PRIMEIRA PRÁCTICA: DEFINICIÓN

OBXETIVOS DA EXPERIMENTACIÓN

Distintos son os obxectivos que se perseguen cá experimentación de Descartes. Entre eles pódese enumerar os seguintes, se ben, poderase modificalos durante o transcurso da  experiencia

       A motivación dos alumnos.

            É sen dubida un dos obxectivos principais que buscamos ca experimentación. Co uso dos ordenadores e o nippe Descartes atopámonos ante a posibilidade  de motivar ós alumnos dunha forma distinta, non convencional no estudio das Matemáticas.

      Experimenten un cambio de convinciós respecto dos procesos de aprendizaxe

      A aprendizaxe dos conceptos empregando unha metodoloxía máis atractiva 

      A atención personalizada dos alumnos.

            Os alumnos poden realizar unha aprendizaxe interactiva que ademais lles permite a repetición das cuestións que non comprendan. Así poden ir avanzando de forma progresiva, a medida que vaian comprendendo os conceptos e procedementos anteriores e adaptándose a cada un deles. 

            Os mesmos principios que nos permiten xustificar o obxectivo anterior podémolo empregar para argumentar a elección dos seguintes: 

A atención a  diversidade

A autonomía dos alumnos na aprendizaxe

            Como consecuencia dos anteriores obxectivos podemos expolos seguintes, resaltando que a súa selección está vinculada a  relación causa-efecto que se produce cá metodoloxía interactiva e participativa e os obxectivos anteriores: 

O rendemento académico

      Experimenten un cambio de convincións respecto os procesos da aprendizaxe  

Os obxectivos curriculares previstos na programación didáctica

 

ALUMNOS

A experimentación levareina a cabo co  grupo 1º de bacharelato  CCSS  do I.E.S. “Do CASTRO” de VIGO

            Ó número de alumnos matriculados no grupo é de 19. Aínda que non o sei fixo, neste momento  non se repartiron os grupos  no instituto. É un número alto de alumnos que poden supor algúns problemas para o desenvolvemento da experiencia.  Unha posible dificultade pode xurdir co  uso dos ordenadores, xaque terei que colocar , en algún caso, dous alumnos no   ordenador , e ademais, a práctica di que poden xurdir problemas técnicos que dificultan a experiencia.

 CONTIDOS MATEMÁTICOS A TRATAR

Para no desvirtuar o  verdadeiro sentido da experimentación pretendo non alterar substancialmente a secuenciación do contidos da programación do curso. As unidades didácticas que corresponden traballar nas posibles datas da experimentación son as relativas a Números Reais e Aritmética Comercial. Pola  adecuación dos materiais de Descartes a empregar, pensei aprazar a unidade de Aritmética Comercial e así poder traballar con Descartes polinomios e ecuacións. A estas alturas non coñezo con que clase de alumnos tratarei, xa  que, algúns  son novos no centro e os restantes non lle din clases.

     

DATAS E TEMPORALIZACIÓN

A idea inicial é  dedicalos meses de Outubro e Novembro á posta en práctica da  experimentación. Os contidos  condicionos a este tempo, pois o non poder estimar aínda o ritmo da aprendizaxe penso que debo deixar aberta algunha variable. Se os contidos previstos  quedaranse curtos seguiría cá unidade introductoria de Análise de Funcións Elementais que tamén é moi rica en materiais.

 

DATAS     E     TEMPORALIZACIÓN

Do 1/10  o   25/11

Con materiais Descartes Metodoloxía tradicional

8  semanas

3  horas

1  hora semanal

É evidente que, a temporalización poderá sufrir modificacións o longo da experiencia, xa que, eu tamén tereime que adaptar a nova metodoloxía e ir resolvendo as circunstancias que se presentarán

Autor: Manuel Fidalgo Rodríguez