Descomposición factorial dun número.
As potencias..
 

1. As potencias na descomposición factorial dun número.

Unha das aplicacións das potencias é na descomposición factorial dun número.
Descompoñer un número en factores é poñelo como producto de factores primos.
- Para descompoñer en factores un número o dividimos polo primeiro número primo que podamos.
- O cociente que resulte o colocamos baixo o número.
- Se podemos seguimos dividindo sucesivamente ese cociente polo mesmo número primo.
- Cando non podamos facer a división por ese número primo facemolo polo seguinte primo que se poda.
- Así sucesivamente ata que o cociente final sexa 1.
- Finalmente poñemos ese número como un producto de potencias de factores primos.

 
Esta escea realiza a descomposición factorial dun número, para facelo marca o número natural que queras na xanela do control que está baixo a escea e preme intro.
Para ver cómo quedan descompostos outros números podes ir variando o valor do número utilizando os triángulos.
O número máis grande que podes marcar é de cinco cifras.


Á dereita podes ver os factores que interveñen e abaixo a expresión do producto de potencias.
Se o expoñente é 1 non se pon expoñente.

Observa que cualquera número natural  pódes poñer como un producto de potencias de bases  números primos
.


2. Acha  o número do que provén esta descomposición factorial.
 
Realiza o producto destas potencias, marca o número e preme intro.

Ó premer sobre inicio aparecerá aleatoriamente a descomposición factorial doutro número.

         
           
  Autor:Eduardo Barbero Corral  Traducción ó galego: Edelmiro Gil Díaz e Jesús Castro López
 
© Ministerio de Educación, Política social e Deporte. Ano 2008