![]()  | 
    
       Potencia dun número 
     | 
    
| 
       
		As potencias 
     | 
    |
| Potencia dun número. | |
| Potencia
      dun número é o resultado tra-la sucesiva multiplicación
      dun número por sí mesmo. Unha potencia é un modo abreviado de escribir un producto dun número por sí mesmo. Na expresión da potencia dun número consideramos dúas partes: - A base é o número que se multiplica por sí mesmo - O expoñente é o número que indica as veces que a base aparece como factor. Unha potencia escríbese tradicionalmente poñendo o número base de tamaño normal e xunto a él, enriba á súa dereita ponse o expoñente, de tamaño máis pequeno. Para nomear ou ler unha potencia dicimos primeiramente o número base, despois dicimo-lo referente o expoñente. Cando o expoñente é 2 dise "elevado ó cadrado", cando o expoñente é 3 dise "elevado ó cubo". Nos demáis casos dise "elevado á cuarta, quinta, sexta... potencia".  | 
  |
| 
       - 
		Observa cómo varía o resultado ó modifica-la base y o expoñente.  | 
  |
| 
       Cuando o expoñente dunha potencia é o número 1 non se pon expoñente, basta con poñer o número da base  | 
  |
| Autor:Eduardo Barbero Corral Traducción ó galego: Edelmiro Gil Díaz e Jesús Castro López | ||
![]()  | 
        ||
| © Ministerio de Educación e Cultura. Ano 2008 | ||