Cociente de potencias da mesma base
As potencias
 

1. Cociente de potencias da mesma base.
Para dividir dúas potencias que teñen a mesma base podemos transformalo nunha soa potencia, comprobamo-lo nesta escea.

Para ver paso a paso as transformacións debes pulsar sobre o triángulo azul de enriba da escea.
Non pases ó seguinte ata comprender o paso actual.
Tamén podes varia-los valores da base e os expoñentes cos controles de abaixo.

Finalmente haberás descuberto que:
O cociente de dúas potencias da mesma base equivale a outra potencia tal que a súa base é a mesma e o seu expoñente é a resta dos expoñentes.
2. Potencia de expoñente 0.

Segue actuando sobre a escea anterior, fai que os dous expoñentes sexan iguais, deste xeito dará como resultado unha potencia de expoñente 0. Observa o valor desa potencia.
Descubrirás que:
Unha potencia de expoñente 0 vale 1.

3. Potencia de exponente negativo.
Sigue actuando sobre a escea anterior, fai que o expoñente do divisor sexa maior co do dividendo, deste xeito dará como resultado unha potencia de expoñente negativo. Observa o valor desa potencia.
Descubrirás que:
Unha potencia de expoñente negativo equivale ó inverso desa potencia con expoñente positivo.

       
           
  Autor:Eduardo Barbero Corral  Traducción ó galego: Edelmiro Gil Díaz e Jesús Castro López
 
© Ministerio de Educación e  Cultura. Ano 2008