Estatística descriptiva | |
Terminoloxía estatística |
POBOACIÓN
E MOSTRA Poboación: Conxunto de todos os elementos que cumpren unha determinada característica. Os elementos da poboación chámanse individuos ou unidades estadísticas. Mostra: Calquera subconxunto da poboación. |
CARACTERES ESTATÍSTICOS Carácter estatístico: É unha propiedade que permite clasificar os individuos dunha poboación. Distínguense dous tipos de carácteres estatísticos: - Cuantitativo: Son aqueles que se poden medir. - Cualitativos: Son aqueles que no se poden medir. |
VARIABLES ESTATÍSTICAS - Concepto:: Chamaremos variable estatística ao conxunto de valores que pode tomar un carácter estatístico cuantitativo. As variables estatísticas poden ser discretas ou continuas: - Variables estatísticas discretas: Unha variable é discreta cando pode tomar un número finito de valores ou infinito numerable. - Variables estatísticas continuas: Unha variable é continua cando pode tomar todos os valores posibles dentro de certo intervalo da recta real. |
EXEMPLO:
Observa a continuación os seguintes exemplos de variables estatísticas.
Se eliximos a variable estatística 1 co interruptor temos as cualificacións na materia de Matemáticas de 40 alumnos dunha clase. Trátase dunha situación na que a variable estatística é DISCRETA.
Se eliximos a variable estatística 2 co botón temos os talles en centímetros dun grupo de alumnos.
Autor José Valentín Pérez Pérez traducida por Adelino Pose Reino | |
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008 | |