Estatística Descriptiva Actividades sobre Diagramas Comparativos |
ACTIVIDADE 15
DIAGRAMA de Barras COMPARATIVO.
Moitas veces interesa representar dúas series estatísticas na
mesma gráfica para poder comparalas. Imaxínate dúas oficinas
bancarias que usen o mesmo sistema de clasificación das súas
contas correntes, ou sexa que o seu xeito de ordenar e estudar os
datos sexa semellante.
Fíxate ben, manipula
os parámetros que se poidan e logo pasa ao teu caderno o
diagrama orixinal.
Actividades:
15.1. - Leva a túa folla de traballo as dúas Táboas de Frecuencias parciais (orixinais) que aparecen na escena.
15.2. - Completa ambas as dúas Táboas de Frecuencias.
15.3. - Calcula as medidas de Centralización e de Dispersión de ambas as dúas series.
15.4. - Calcula os ángulos que corresponden a cada frecuencia relativa en ambas as dúas series.
15.5. - Debuxa os
dous diagramas de sectores correspondentes a ambas as dúas
series.
ACTIVIDADE 16
DIAGRAMA de
Sectores COMPARATIVO
Moitas veces interesa representar dúas
series estatísticas na mesma gráfica para poder comparalas.
Imaxínate dúas oficinas bancarias que usen o mesmo sistema de
clasificación das súas contas correntes, ou sexa que o seu
xeito de ordenar e estudar os datos sexa semellante.
Fíxate ben, manipula
os parámetros que se poidan e logo pasa ao teu caderno o
diagrama orixinal.
[ Ao lado de cada segmento circular veñen tres datos: O valor da variable, que é común nas dúas series; logo o valor da frecuencia relativa da serie correspondente á coroa circular exterior (nin); e por último o valor da frecuencia relativa da serie correspondente á coroa circular interior (mi).]
Actividades:
16.1. - Leva a túa folla de traballo as dúas Táboas de Frecuencias parciais (orixinais) que aparecen na escena.
16.2. - Completa ambas as dúas Táboas de Frecuencias.
16.3. -Calcula as medidas de Centralización e de Dispersión de ambas as dúas series.
16.4. -Calcula os valores das frecuencia absolutas que corresponden a cada serie, sabendo que o total de c.c. é de 100 en ambas as dúas series.
16.5. - Debuxa os dous diagramas de sectores de ambas as dúas series.
Autor: Ángel
Prieto Benito traducida por Adelino Pose Reino
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008 | ||