Proxecto EDA 2008

ÍNDICE
 

Introdución

Obxectivos

Unidades Didácticas

Follas de traballo

Procesos de avaliación

PRÁCTICA 3: ORGANIZACIÓN
INTRODUCIÓN
O proxecto desenvolverase no IES Salvaterra de Miño, en Pontevedra. O noso é un centro relativamente pequeno, con aproximadamente 380 alumnos, que inclúe tres líneas de ESO, un grupo de diversificación en 3º e 4º, un curso de primeiro de bacharelato e outro de 2º con poucos alumnos en cada vía, un Programa de Iniciación Profesional de madeira, e un ciclo medio de Soldadura. O entorno do centro é rural, aínda que preto de varios polígonos industriais.

O curso elexido é un grupo de 3º de ESO con 15 alumnos. Deles, un tercio son repetidores, e en xeral a súa propia apreciación é que as matemáticas non se lles dan moi ben. Esperamos que a experiencia con Descartes lles axude a cambiar un pouquiño esa idea.

OBXECTIVOS
  • Desenvolver habilidades de manexo de novas tecnoloxías.
  • Mellorar a aprendizaxe significativa de contidos matemáticos.
  • Desenvolver a intuición xeométrica, e a visión espacial, para utilizala cando sexa preciso en contextos. cotiás.
  • Comprender e utilizar os conceptos de área e volume.

  Esther Pérez Fernández