PROGRESIÓNS ARITMÉTICAS | |
Análise | |
3. DEFINICIÓN DE PROGRESIÓN ARITMÉTICA | |||
Denomínase progresión
aritmética a unha sucesión de
números na que a diferencia entre dous
termos consecutivos é sempre a mesma. Polo tanto, cada termo obtense sumando unha mesma cantidade (a diferencia) ao termo anterior. |
|||
4.-Nesta escena podes construír
progresións aritméticas, basta que indiques o primeiro
termo e a diferencia. 5.-Crea cinco progresións. Procura que o primeiro termo sexa distinto en cada exemplo, e que a diferencia nuns casos, sexa positiva e noutros negativa. 6.-Copia no teu caderno os dez primeiros termos de cada sucesión e os termos do lugar 100, 1.000 e10.000.
7.-Elixe unha das progresións que construíches e intenta obter unha fórmula que che permita calcular calquera termo a partir do lugar que ocupa (n).
8.- Intenta estender o resultado obtido ás outras catro. |
|||
Juan Madrigal Muga (Traducción: Mª Antonia Martínez Cedeira) | ||
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2002 | ||
Os
contidos desta unidade didáctica están baixo unha licencia de Creative
Commons se non se indica o
contrario.