|
FOLLAS DE TRABALLO OS NÚMEROS REAIS. APROXIMACIÓNS |
E.D.A. 2008 Ángel Leira |
1. Pulsa os botóns da escena do exercicio 1, e escribe no teu caderno un grupo de 10 enteiros, outro de 10 racionais e outro de 10 irracionais.
2. Na escena do exercicio 2, pulsa o botón 10 veces, escribe no teu caderno os números obtidos e o conxunto ao que pertencen.
3. Na escena da pregunta 3, pulsa o botón e xera 5 enteiros coas súas respectivas fraccións equivalentes. Escribe todo no teu caderno.
4. Na escena 1, da pregunta 4, pulsa o botón inicio 8 veces, e copia no teu caderno a representación de dous deles.
5. Na escena do exercicio 4, representa as fraccións: 8/3 ;-5/3 ; 13/4 e 4/7.
6. Na escena da pregunta 5, xera 6 números decimais e indica de que tipo son. Copia todo no teu caderno.
7. Na escena do exercicio 6, obtén 6 fraccións, escríbeas no teu caderno xunto coa expresión decimal obtida.
8. Na escena 1 da pregunta 7, pulsa o botón inicio e obtén tres exemplos. Cópiaos no teu caderno. Observas algo no denominador. ¿Que observas?
9. Na escena 2 da pregunta 7, pulsa o botón inicio e obtén tres exemplos. Cópiaos no teu caderno. Observas algo no denominador?. ¿Que observas?.
10. Na escena 3 da pregunta 7, pulsa o botón inicio e obtén tres exemplos. Cópiaos no teu caderno. Observas algo no denominador. ¿Que observas?
11. Na escena do exercicio 8, obtén 6 números decimais e escribe a fracción xeratriz correspondente.
12. Na escena da pregunta 9, xera tres números irracionais e a súa representación. Copia todo no teu caderno.
13. Na escena da pregunta 10, xera tres números racionais. Copia todo no teu caderno.
14. ¿Como se chama o conxunto formado pola unión dos números racionais e irracionais?.
15. Utilizando a escena da pregunta 11, introduce os números: 8/3; 54/11 ; a raíz cadrada de 11; a raíz cadrada de 21.
16. Utilizando a escena do exercicio 13, pincha o botón inicio tres veces, para xerar tres números. Escríbeos ordenados no teu caderno.
17. Na escena 1 da pregunta 14, pincha o botón inicio as veces que sexa necesario para xerar tres intervalos abertos, tres cerrados e tres semiabertos.. Cópiaos no teu caderno, indicando como son.
18. Na escena 2 da pregunta 14, pincha inicio tres veces para xerar tres intervalos non acoutados. Indica en cada caso en que puntos é aberto e cerrado. Copia todo no teu caderno.
19. Na escena da pregunta 15, xera tres intervalos e escríbeos no teu caderno na forma obtida e na outra.
20. Na escena do exercicio 16 xera tres decimais e escríbeos no teu caderno coas aproximacións por defecto e por exceso.
21. Na escena 1 da pregunta 17, pulsa en inicio e xera 5 decimais, que debes redondear a orde 4 e escribilo todo no teu caderno.
22. Na escena 2 da pregunta 17, pincha no botón inicio e xera 5 decimais que debes truncar a orde 5 e escribilo todo no teu caderno.
23. Na escena da pregunta 18, pincha o botón exercicio e xera 6 números decimais e trúncaos ou redondéaos como che indican. Copia os números e o resultado no teu caderno.
24. Escribe a definición de erro absoluto e relativo.
25. Copia no teu caderno tres exercicios distintos, xerados na escena da pregunta 19.
26. Copia no teu caderno tres exercicios distintos de cálculo do erro relativo dunha aproximación por truncamento e redondeo, xerados na escena da pregunta 20.
27. Na escena do exercicio 21, xera tres números e calcula o erro absoluto e relativo. Cópiaos no teu caderno.