![]()  | 
        COMBINACIÓN LINEAL DE VECTORES | 
| 1° BAC_CIENCIAS E TECNOLOXÍA | |
| 1. SUMA E RESTA DE VECTORES NUN PARALELOGRAMO | |||||||||||||
  | 
    |||||||||||||
| 1.- Arrastra co rato o punto vermello que aparece na escena para debuxar o vector u | |||||||||||||
| 2.- Arrastra de novo o punto inical
        vermello para debuxar outro vector v  3.- Verás que se debuxaron dous vectores paralelos aos anteriores para formar un paralelogramo 4.- Se pulsas agora o control chamado suma sucesivas veces vai aparecendo o vector u+v, dentro do paralelogramo  | 
    |||||||||||||
| 5.- E se pulsas o control chamado
        resta sucesivas veces irá
        aparecendo o vector u-v, dentro do
        paralelogramo. En todos os casos podes ver as
        compoñentes dos vectores u, v, u+v e u-v na parte
        inferior da escena. 6.- Demostra que aprendiche a sumar e restar vectores, dentro dun paralelogramo, efectuando a suma e resta dos seguintes pares de vectores, debuxándoos no teu cuaderno e calculando as coordenadas resultantes. Despois podes comprobar os teus cálculos e debuxos na escena anterior: 
  | 
    |||||||||||||
| 2. COMBINACIÓN LINEAL DE VECTORES | |
| Na escena seguinte vanse debuxar os
        vectores u = 4x + 2y, e v = -2x + y  Polo que se di que os vectores u e v son combinación lineal de x e y. Vexamos como:  | 
    |
| 1.- Cambia o valor de n a n=4.
        Así obtense o vector 4x   2.- Cambia o valor de m a m=2. Así obtense o vector 2y 3.- Arrastra o punto B, trazando unha paralela ao vector y 4.- Arrastra o punto C, trazando unha paralela ao vector x  | 
    |
| 5.- Prolongando estas paralelas
        suficientemente obtes un paralelogramo cuxos lados son os
        vectores 4x e 2y. Arrastra o punto A
        para debuxar a diagonal que representa ao vector u = 4x +
        2y   6.- Ahora daslle a n = -2 para debuxar o vector -2x 7.- Arrastra o punto D, trazando unha paralela ao vector y 8.- Arrastra o punto E, trazando unha paralela ao vector x 9.- Prolongando estas paralelas suficientemente obtes un paralelogramo cuxos lados son os vectores -2x e y. Arrastra o punto A, de novo, para debuxar a diagonal que representa ao vector v = -2x + y  | 
    |
| 3. EXPRESAR UN VECTOR COMO COMBINACIÓN LINEAL DOUTROS DOUS | |
| Observa como expresamos o vector v como combinación lineal de x e y: | |
| 1.- Colocamos x, y e v coa orixen común no punto P, para elo pulsamos nos botóns inferiores para dar os valores n=1, m=1, p=1 | |
2.- Dende o extremo de v trazamos primeiro unha paralela ao vector x, e logo unha paralela ao vector y 3.- Prolongamos os vectores x e y, cambiando os valores de n e m, ata que corten ás paralelas 4.- Xa temos o paralelogramo, onde v = nx + my isto é, xa temos escrito v como combinación lineal de x e y  | 
    |
| 5.- No noso exemplo queda v = 3x + 2.5y | |
| EXERCICIO | |
| Este exercicio é similar ao exemplo
        anterior, só que agora as paralelas aos vectores non
        están prefixadas.   Hai que escribir o vector x como combinación lineal de u e w.  | 
    |
| 1.- Variando os valores de n, m e p coloca os tres
        vectores coa orixen común no punto A.   2.- Dende o extremo de x traza as paralelas a u e w (con coidado, mira ben os cadros) 3.- Prolonga u e w ata formar o paralelogramo, cambiando os valores de n e m. 4.- Escribe no teu caderno a combinación lineal, ou sexa x = nu + mw sustituíndo n e m polos valores obtidos.  | 
    |
| Ángela Núñez Castaín (Modificada por Ana Isabel Gómez López) | |
![]()  | 
        |
| © Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008 | |
![]()
Los
contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative
Commons si no se indica lo
contrario.