OPERACIONS CON VECTORES
1° BAC_CIENCIAS E TECNOLOXÍA
 

1. SUMA DE VECTORES

LE DETIDAMENTE
Facemos
u + v

  • A partir do punto A, poñemos a orixen de u
  • No extremo de u, ou sexa en B, poñemos a orixen de v, ata chegar a C
  • Uniendo a orixen de u (A) co extremo de v (C) obtense o vector u + v = AC

Mediante pares de números é:  u + v = (5,2) +(3,-3) = (5+3,2-3) = (8,-1)

EXERCICIO 1

Nesta escena aparecen dous vectores a e b e podes ler cales son as súas compoñentes na parte esquerda.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

a) A partir do extremo de a (B), arrastra co rato para debuxar o vector b. Verás que na escena van aparecendo as compoñentes do vector que estás debuxando e terás que parar cando estas sexan as compoñentes de b
b) Despois tes que debuxar o vector suma
a + b, para o que a partir da orixen de a (A) arrastra co rato para facelo.

Ves que na escena aparecen as compoñentes deste vector suma a + b. Para cando sexan as correctas e anótao no teu caderno.
 

2. COMBINA A SUMA DE VECTORES E O PRODUTO POR UN NÚMERO
EXERCICIO 2

a) Na escena seguinte aparecen dous vectores, u e v. Escribe no teu caderno as súas compoñentes.

O obxectivo é debuxar o vector 2u + 3v

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

b) n é o número que multiplica a u. Podes ilo cambiando ata obter 2u. Anota as compoñentes de 2u que ves na figura.

c) Para obtener 3v, basta que arrastres co rato o extremo do vector 2u. Anota as compoñentes de 3v que ves na figura.

d) Finalmente arrastra a orixen de 2u ata o extremo de 3v e obterás o vector 2u + 3v. Anota as compoñentes que ves na figura do vector 2u + 3v e comproba que son a suma das de 2u e as de 3v.

3. SUMA E RESTA DE VECTORES
Xa vimos que para sumar dous vectores u e v, ponse v a continuación de u, de maneira que a orixen de v coincida co extremo de u.  
A suma u + v, é o vector cuxa 
orixen é o de u e o extremo o de v 

Para restar dous vectores u - v, sumaselle a u o oposto de v 
u - v = u + (-v)


EXERCICIO 3
Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. a) Calcula analiticamente as compoñentes dos vectores: v, u+v, u-v 
Anótao no teu caderno 

b) Debuxa o vector v, a partir do punto 1 

c) O vector u+v a partir do punto 2 

d) O vector -v a partir do punto 3 

e) O vector u-v a partir do punto 4 

f) Comproba agora as compoñentes dos vectores que anotache ao principio: v, -v, u+v, u-v

           
           
  Ángela Núñez Castaín (Modificada por Ana Isabel Gómez López)
 
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008
 
 


Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.