CASO III: Coñécense dous lados e o ángulo que forman
Resolución de triángulos oblicuángulos
 

1. Resolución do CASO III

Os lados coñecidos a e b teñen o extremo común C.

Agora pódese dar calquera valor ós lados a e b. A única limitación impona o ángulo C que forman (C <180º).

Dende o punto de vista construtivo, este caso no require máis que unir os extremos libres dos lados a e b.

  Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Inicialmente a escena presenta os valores a = 6, b=8 e C=100º.

O extremo A contén un punto de control que se despraza por riba da recta que une os vértices A e B. 

Cada vez que se cambien os parámetros b e C, que alteran a posición do punto A, haberá que corrixir a posición do control e levalo á nova posición de A para poder realizar o novo trazado do lado c

A solución trigonométrica conséguese aplicando na mesma orde as seguintes propiedades: 

Teorema do coseno para calcular o lado c,

Teorema do seno para calcular o ángulo A 

Una vez coñecidos A e C, a propiedade da suma dos tres ángulos para calcular B.

ACTIVIDADES

1.- Cos valores iniciais a = 6, b = 8 e C =100. Constrúe o triángulo debuxando o segmento b que une o extremo A co extremo B, 'pica' co botón esquerdo do rato enriba de A e arrastra ata B. Debuxa o triángulo no teu caderno partindo dos datos que che dan.

2.- Aplica as fórmulas trigonométricas para resolver o triángulo e comproba a solución dada polo programa. Escribe os cálculos que fas no caderno.

3.- Pulsa o botón Inicio e cambia o ángulo C a 180º. Despraza o control á posición do punto A. Debuxa o segmento AB. Le e interpreta a solución sobre a pizarra. Porque os ángulos A e B miden 0º ?, Cúmprese a propiedade triangular entre os lados a, b e c ?


           
           
  Ángel Cabezudo Bueno (Traducida por Ana Isabel Gómez López)
 
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008
 
 


Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.