1º de Bacharelato HH y CCSS

PRÁCTICAS
 

Práctica 1. Definición

Práctica 2. Información

Práctica 3, Organización

DESCARTES NA AULA
PRÁCTICA 3. ORGANIZACIÓN

 

PREPARACIÓN DOS RECURSOS A EMPREGAR

·        Unidade Didáctica Descartes:

Utilizamos a Unidade Didáctica de Polinomios creada por  Leoncio Santos Cuervo para Primeiro de Bacharelato na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais xunto ca Unidade Didáctica creada por Diego González Álvarez.EDA2005, tamén de  Polinomios. Desta última utilizamos as escenas da División e a  Regra de Ruffini.  Todo o tema está cargado localmente en cada ordenador da aula

·        Outros recursos

Utilizaremos follas de traballo que o alumno terá nuns casos que encher e noutros casos resolver os problemas e cuestións propostos, utilizando as escenas correspondentes, así como resolver algún problema proposto no seu libro,  que deberá utilizar para seguir traballando os contidos na casa. A folla de traballo entregarase o profesor unha vez completada.

O profesor disporá dun diario de clase  onde anotar as incidencias máis importantes 

 

 

MATERIAIS DE AVALIACIÓN

·        Dos contidos

Proba previa

Non se fai proba previa, dado que os alumnos coñecen de cuarto da E.S.O os conceptos de polinomios

Follas de traballo

As follas de traballo descritas anteriormente son na súa maioría unha replica das actividades e exercicios  que se propoñen na unidade, ademais de algún exercicio do seu libro de texto

As follas de traballo serviran posteriormente como repaso do tema para estudialo, e serviran o profesor para unha primeira avaliación  tanto dos contidos como  da experiencia que se está a levar a cabo.

O profesor devolveralle a folla de traballo ó alumno, indicando onde está incorrecta, para que o alumno a corrixa empregando a unidade se é o caso. Cando remate ca folla entregaralle outra .

Proba final

Os alumnos farán o final do proxecto unha proba de coñecementos utilizando exclusivamente Descartes

·        Do proceso

Enquisa inicial

A enquisa inicial establece as características dos alumnos do grupo co que se levará a cabo a experiencia

Enquisa final

A enquisa final permítenos averiguar se os alumnos quedaron satisfeitos  da experiencia e pode Server para detectar fallos,  xa sexa na Unidade ou na metodoloxía empregada

Resultados

Nota

A primeira vista paréceme que a unidade de polinomios queda un pouco corta, nese caso utilizaría  a Unidade de Aritmética Financiera. Se así fora, as follas de traballo serían os exercicios  e actividades que propon dita unidade 

 

 

 

  Manuel Fidalgo Rodríguez